aprobacion
feminismo
Mani8M2025

Aprobadas polo Pleno de Gondomar as propostas do BNG para loitar contra a violencia machista

Os acordos da moción do BNG recollen o recoñecemento de que o negacionismo da violencia machista é unha forma de violencia machista e o compromiso de reforzar os servizos públicos e incrementar os recursos do sistema de protección e atención ás vítimas

Manuela Rodríguez, voceira do BNG de Gondomar: “O continuo incremento no número de mulleres vítimas, sumado ao alarmante avance do negacionismo da violencia machista, fan necesaria a adopción das medidas aprobadas e a súa execución inmediata”

Ler novas
BNG Gondomar
Asemblea informativa saneamento

O BNG lamenta que o Alcalde pretenda enganar á veciñanza cun amago de aprobación de proxectos de saneamento

 

Considera unha nova mostra de incompetencia presentar unha proposta chea de proxectos carentes de informes e autorizacións preceptivas e con prezos desactualizados

Manuela Rodríguez: “É unha nova ‘ferreirada’, unha nova improvisación nun intento desesperado e inútil de taparlle a boca a quen lle di que o saneamento e os servizos básicos en xeral non son unha prioridade para o seu goberno”

Ler novas