medio ambiente
O BNG denuncia o ‘irresponsábel atraso’ de 14 anos das obras para reducir os efectos das enchentes no concello de Gondomar
19/maio/2026
Á solicitude dunha copia do novo proxecto para a prevención das inundacións, o goberno galego responde que aínda está ‘en fase de supervisión técnica’
Carmela González, deputada parlamentar: “Confírmase outro incumprimento de Augas de Galicia, que prometera o inicio das obras para este verán”
Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “O atraso é o resultado de anos de desencontros e acusacións cruzadas entre a Xunta e o Concello. PP e PSOE poñendo sempre os seus intereses partidistas por riba interese da veciñanza”