urbanismo
O BNG insta ao goberno local a incluír na reforma da Avenida do Conde o saneamento dos tres bloques das antigas vivendas sociais
23/set./2025
Consideran que tanto a actuación de mellora nun saneamento que afecta a vinte e sete vivendas, como o arranxo do leira-aparcadoiro que linda con elas, deberían caber nos fondos da Deputación que Ferreira pretende gastar no tramo que vai do cruce coa rúa Emigrante até a rotonda da circunvalación
Manuela Rodríguez, portavoz do BNG de Gondomar: “Xa que decide gastar nada menos que 650mil euros en “humanizar” un espazo de escasos 300m, non estaría de máis que lle dera un trato humano ás veciñas e veciños deses edificios proporcionándolles unha mellor calidade de vida”