cultura
O BNG considera insuficiente a dotación económica que o Concello destina a subvencións de actividades culturais
17/nov./2025
Un ano máis o orzamento das subvencións para cultura queda moi por detrás do destinado a deportes e mentres a practica totalidade das entidades deportivas reciben subvencións nominativas directas, as culturais deben acudir ás de concorrencia competitiva
Nas de fin social, o goberno local rexeitou unha emenda do BNG que propuña incrementar a achega a Proxecto Gato para paliar as perdas polo incendio sufrido