feminismo
O BNG denuncia neste 25N que negar a violencia machista é violencia machista
25/nov./2025
Denuncian o auxe dos discursos negacionistas empurrados pola dereita, galega ou estatal, que se reflicten no recorte de recursos destinados á loita contra a violencia machista e á atención ás vítimas
As nacionalistas chaman a participar masivamente nas mobilizacións convocadas para este martes 25N ás 20h. No Val Miñor, na concentración no cruce da Ramallosa, ou en Vigo, na manifestación desde Vía Norte