Aprobada por unanimidade unha nova iniciativa do BNG a prol do saneamento e do servizo de baleirado de fosas sépticas
A iniciativa insta ao goberno municipal a desenvolver a normativa municipal precisa para a posta en marcha dun servizo municipal de baleirado de pozos negros e fosas sépticas, e a investir os fondos do plan de obras e servizos da deputación en dar saneamento a vivendas que non o teñen
Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “Ferreira non pode seguir a dar desculpas que ninguén cre. Se realmente houbera vontade pola súa parte, nada lle impediría aprobar dunha vez a ordenanza reguladora do servizo e investir en saneamento. Leva case 11 anos no goberno gastando grandes cantidades para outras obras menos prioritarias; tempo e cartos tivo dabondo”