uso
xestión do lixo
Foto Voceira BNG Gondomar

O BNG de Gondomar lembra á veciñanza o prazo para solicitar o desconto na taxa do lixo por uso do punto limpo

A bonificación do 10% por realizar, polo menos, catro entregas no ano anterior debe solicitarse por rexistro no Concello ou en ORAL e o prazo remata o 31 de marzo.

Lembran que tamén se poden solicitar descontos por baixos ingresos, por determinadas circunstancias familiares, de discapacidade ou dependencia, así como o aprazamento ou fraccionamento do pago. Tamén está aberto o prazo para locais industriais e tendas de alimentación que reduzan residuos a través de xestores autorizados.

Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “Esta é unha información que debería dar o Concello cada ano, sobre todo neste en que muda a ordenanza e o importe a pagar pega unha subida desorbitada froito do afán recadador do goberno Ferreira”

Ler novas
Concello de Gondomar
FotoPlaca

O BNG insta o uso correcto da toponimia local na sinalización da nova numeración do concello

Manuela Rodríguez: “Agardamos que non haxa improvisación neste traballo e que a sinalización vertical se instale á maior brevidade posible para evitar situacións caóticas á hora de localizar as vivendas”

 

Ler novas