feminismo
Aprobadas polo Pleno de Gondomar as propostas do BNG para loitar contra a violencia machista
15/dec./2025
Os acordos da moción do BNG recollen o recoñecemento de que o negacionismo da violencia machista é unha forma de violencia machista e o compromiso de reforzar os servizos públicos e incrementar os recursos do sistema de protección e atención ás vítimas
Manuela Rodríguez, voceira do BNG de Gondomar: “O continuo incremento no número de mulleres vítimas, sumado ao alarmante avance do negacionismo da violencia machista, fan necesaria a adopción das medidas aprobadas e a súa execución inmediata”