O BNG reclama do goberno local información sobre os vertidos ilegais denunciados polo colectivo de afectados do Poligono da Pasaxe

Polígono da Pasaxe
Polígono da Pasaxe
A organización nacionalista solicita ao goberno de Ferreira explicacións ante o incumprimento dunha sentenza que obrigaba ao Concello a tramitar e resolver o expediente de reposición da legalidade urbanística en obras do polígono
O BNG reclama do goberno local información sobre os vertidos ilegais denunciados polo colectivo de afectados do Poligono da Pasaxe

Gondomar, 31 de outubro de 2025.- O BNG de Gondomar reclama ao goberno local información sobre os vertidos denunciados pola Plataforma de afectados polo polígono A Garrida-A Pasaxe. A organización nacionalista solicita ao goberno de Ferreira explicacións ante o suposto incumprimento dunha sentenza que obriga ao Concello.

A sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo,  datada en febreiro deste ano, viría obrigar ao Concello a executar un recurso de reposición da legalidade urbanística no polígono da Pasaxe. 

A resolución, ditada tras un recurso da Plataforma de Afectados polo Polígono Garrida-Pasaxe (AGAPA), recoñece que o Concello fixo deixación de funcións ao non dar resposta ás reiteradas denuncias veciñais que alertaban de movemento e deposito de residuos, modificacións na rasante e actividades industriais sen licenza municipal nin autorización ambiental. Nese tempo o goberno municipal non adoptou ningunha medida efectiva para garantir o cumplimiento da legalidade, a pesar das reiteradas advertencias.  

A voceira do BNG en Gondomar, Manuela Rodríguez, acusa ao goberno de Paco Ferreira de “neglixencia e opacidade”, e advirten de que o BNG “non vai permitir que se siga agochando a realidade nin que se poña en risco a saúde pública e o medio ambiente”. 

Rodríguez afirma que “a sentenza é clara. O Concello incumpriu as súas obrigas e e permitiu unha situación de ilegalidade prolongada”. Desde o BNG esíxenlle  ao goberno municipal que proceda a repoñer de inmediato a legalidade urbanística e ambiental e que dea explicacións públicas tanto do sucedido como das actuacións levadas a cabo para reverter a situación. 

O Bloque requerirá ademais a realización dunha inspección ambiental exahustiva para determinar a natureza dos materiais depositados e a posible contaminación, así como a depuración de responsabilidades de se confirmar esta.

O BNG reclama do goberno local información sobre os vertidos ilegais denunciados polo colectivo de afectados do Poligono da Pasaxe