denuncia
Concello de Gondomar
Aparcadoiro xa pechado

O BNG denuncia que o desgoberno de Paco Ferreira deixa Gondomar sen outro aparcadoiro no centro da vila

Despois de mantelo en situación irregular máis de tres anos, o Concello é obrigado a desaloxar o leira-aparcadoiro da Avda do Conde

O suposto contrato de alugueiro que anunciara o Alcalde en 2023 nunca se chegou a asinar; aínda así o Concello seguiu a usar a parcela de xeito improvisado, sen urbanizar minimamente, e a veciñanza dos edificios lindantes soportando as consecuencias

Ler novas
mancomunidade
PortavocesBNGValdeMiñor

O BNG denuncia que PSOE e PP impiden a revitalización da Mancomunidade de Concellos do Val de Miñor

No proceso de modificación dos estatutos, os alcaldes de Baiona, Gondomar e Nigrán rexeitaron as emendas do BNG destinadas a reforzar a participación, a pluralidade política e a gobernanza compartida da entidade

O Bloque lamenta a oportunidade perdida de converter a Mancomunidade nun verdadeiro instrumento de cooperación ao servizo da veciñanza

Ler novas
Mobilidade
BNG e traballadorxs Lugove estación autobuses Gondomar

O BNG denuncia a ‘complicidade’ da Xunta cos incumprimentos e a precariedade laboral no servizo de transporte do Val Miñor

O deputado Paulo Ríos, acompañado de cargos do BNG dos tres concellos do Val, reuniuse cos representantes da CIG no Comité de Empresa de Subus Lugove para analizar as graves irregularidades da concesión en materia laboral

Paulo Ríos, deputado do BNG: “A Xunta debe poñerse do lado dos traballadores e traballadoras, esixir á empresa que cumpra estritamente o recollido no contrato en materia laboral e atender de forma inmediata as demandas do persoal"

Ler novas
medio ambiente
Confluencia ríos Miñor e Zamáns

O BNG denuncia o ‘irresponsábel atraso’ de 14 anos das obras para reducir os efectos das enchentes no concello de Gondomar

Á solicitude dunha copia do novo proxecto para a prevención das inundacións, o goberno galego responde que aínda está ‘en fase de supervisión técnica’

Carmela González, deputada parlamentar: “Confírmase outro incumprimento de Augas de Galicia, que prometera o inicio das obras para este verán”

Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “O atraso é o resultado de anos de desencontros e acusacións cruzadas entre a Xunta e o Concello. PP e PSOE poñendo sempre os seus intereses partidistas por riba interese da veciñanza”

Ler novas
feminismo
Foto_Campaña 25N BNG

O BNG denuncia neste 25N que negar a violencia machista é violencia machista

Denuncian o auxe dos discursos negacionistas empurrados pola dereita, galega ou estatal, que se reflicten no recorte de recursos destinados á loita contra a violencia machista e á atención ás vítimas

As nacionalistas chaman a participar masivamente nas mobilizacións convocadas para este martes 25N ás 20h. No Val Miñor, na concentración no cruce da Ramallosa, ou en Vigo, na manifestación desde Vía Norte

Ler novas
mancomunidade
FotoEmprazamentoGESValMiñor

O BNG denuncia, máis unha vez, o abandono do GES por parte do goberno da Mancomunidade do Val Miñor

Denuncian que non se executou ningunha das medidas acordadas para mellorar o servizo e lembran que do correcto funcionamento do Grupo de Emerxencias Supremunicipal dependen vidas e bens dunha poboación habitual de 45.000 persoas que se ve triplicada no verán, cando tamén é maior o risco de sinistros

 

Manuela Rodríguez, concelleira e deputada provincial: “É imperativo acabar coa precariedade do servizo de emerxencias, tanto no laboral como nas instalacións. Mantelo nese estado é unha irresponsabilidade temeraria, xogámonos vidas.”

Ler novas
Conversa co BNG
galina_azul_gondomar

O BNG denuncia un ano máis a falla de prazas na Galiña Azul para garantir a entrada de todas crianzas de 0 a 3 anos

O goberno de Rueda devolve 22 millóns de euros de fondos europeos destinados a crear máis de 3.000 novas prazas públicas en escolas infantís. Pola contra, destina 45 millóns á gratuidade das prazas en escolas privadas

Manuela Rodríguez: “O Goberno galego do PP nin cre na educación pública nin nas políticas de conciliación familiar. En Gondomar deixa sen praza a 24 familias que se verán abocadas á privada ou a non conciliar”.

Ler novas