Encontros do BNG en Chaín, Vilaza e Donas
O BNG segue realizando nesta campaña electoral os seus encontros coa cidadanía das parroquias de Gondomar, nesta ocasión, con tres mitins nas parroquias de Chaín, Vilaza e Donas. Os actos terán lugar este luns 15 de outubro no Centro Cultural de Donas ás 20 h., no Centro Cultural de Chaín ás 20.30 h. e no Centro Cultural de Vilaza ás 20.30 h. Nos actos intervirán Antón García e Manuela Rodrígue (en Chaín), Helena Quintas, Carlos Méndez e Alfredo López (en Vilaza), e Álvaro Lores e Ana Bringas (en Donas).
Axenda dos actos:
Data e hora: 15 de outubro ás 20.30
Lugar: Centro Cultural de Chaín
Intervirán: Antón García e Manuela Rodríguez
Data e hora: 15 de outubro ás 20.30
Lugar: Centro Cultural de Vilaza
Intervirán: Helena Quintas, Carlos Méndez e Alfredo López
Data e hora: 15 de outubro ás 20.00
Lugar: Centro Cultural de Donas
Intervirán: Álvaro Lores e Ana Bringas