Inauguramos local en Gondomar
26 mar. 2014 - 00:47
O vindeiro sábado, 29 de marzo, a partir das 20:15h, o BNG inaugura local en Gondomar. É unha das aulas do antigo colexio de primaria que o Concello cede ás formacións políticas que obtiveron representación nas pasadas eleccións municipais e que estaba inutilizada por problemas de humidade.
Logo dos arranxos pertinentes por parte do Concello e do traballo militante de compañeiros e compañeiras, o local está dispoñíbel e agardamos que sexa unha ferramenta máis para desenvolver traballo político na localidade.
Gustaríanos contar coa vosa presenza neste acto, e como haberá un pequeno convivio, pregámosvos que confirmedes se nos ides acompañar para facer unha previsión axustada á asistencia.