O BNG edita un boletín coas súas iniciativas para mellorar a calidade de vida da veciñanza

BoletínBNGGondomarAbril2025
BoletínBNGGondomarAbril2025

O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar vén de editar un novo boletín informativo que recolle parte das súas iniciativas políticas a prol da mellora da calidade de vida da veciñanza do concello nos últimos meses.

O voceiro conta cunha separata específica da parroquia de Vincios

O BNG edita un boletín coas súas iniciativas para mellorar a calidade de vida da veciñanza

GONDOMAR, abril de 2025.- O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar vén de editar un novo boletín informativo que recolle parte das súas iniciativas políticas a prol da mellora da calidade de vida da veciñanza do concello nos últimos meses.

A temática desas iniciativas abrangue desde a sanidade, a educación e os servizos sociais até o saneamento e o medio ambiente ou as infraestruturas e a mobilidade e a seguranza viaria.

O voceiro da organización nacionalista conta tamén cunha separata específica para Vincios, en relación á necesaria humanización da estrada PO-331 ao seu paso por esa parroquia.

Para alén do envío electrónico, o Bloque repartirá a través do servizo de correos unha tiraxe de 4000 exemplares impresos que serán repartidos nos vindeiros días nas distintas parroquias do concello.

Así mesmo, o boletín (que se pode consultar na ligazón https://i.gal/TdBpk) conta co espazo Contacta co BNG! onde figuran os enderezos das redes sociais e un teléfono a disposición de quen quixer contactar co Bloque de Gondomar.

O BNG edita un boletín coas súas iniciativas para mellorar a calidade de vida da veciñanza