O BNG edita un boletín coas súas iniciativas para mellorar a calidade de vida da veciñanza
O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar vén de editar un novo boletín informativo que recolle parte das súas iniciativas políticas a prol da mellora da calidade de vida da veciñanza do concello nos últimos meses.
O voceiro conta cunha separata específica da parroquia de Vincios
O BNG de Gondomar enmenda en 6M € os orzamentos da Xunta para 2025
A organización nacionalista presenta unha ducia de emendas relacionadas coa localidade de Gondomar e que supoñen un investimento de 6M€ para o concello
As emendas formuladas céntranse no reforzamento dos servizos públicos, no medio ambiente e na mellora da mobilidade e das infraestruturas
Manuela Rodríguez, voceira municipal do BNG de Gondomar: “Agardamos que o PP non volva poñer veto á inclusión dunhas emendas que incidirían de xeito significativo na mellora da calidade de vida e na creación de emprego no noso concello.”