Suspensión do Secretario municipal de Gondomar

Suspensión do Secretario municipal de Gondomar

Hoxe o Faro de Vigo (http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/09/13/alcalde-gondomar-aparta-secretario-municipal/876852.html) recolle detalladamente o conflito xerado co Secretario municipal de Gondomar. Esta información sae na prensa de hoxe, a pesar do que defendeu o Alcalde no Pleno ao tratar a moción presentada polo PSOE que pedía explicacións sobre a suspensión do Secretario minicipal. No Pleno, o Alcalde respondeu que había que ser prudente e non airear o que sucedera. Mais foi un concelleiro da oposición (un dos que obtivo acta concorrendo nas listas do BNG que logo abandonou) quen máis defendeu que non se tratase o tema, apoiando así ao alcalde na súa negativa de dar explicacións, explicacións que, polo que vemos, si se lle podían dar á prensa.

No pleno de onte tratouse tamén o tema do transporte en Gondomar. Na sala estaban presentes varias persoas afectadas da plataforma recentemente creada. Desde o BNG temos que lamentar que non se tivese en conta o escrito presentado solcitando a ratificación dos acordos acadados pola Mancomunidade o día 1 de xullo, tal e como fora solicitado. Pola contra, houbo algún concelleiro non adscrito que se apropiou das propostas que o BNG vén facendo desde marzo e mesmo se referíu á moción aprobada na Mancomunidade, iso si, sen citar o BNG, nunha especie de pacto de silencio entre goberno do PP e non adscritos.

Suspensión do Secretario municipal de Gondomar