O BNG remata na vila de Gondomar a rolda de encontros veciñais polas parroquias do concello

FotoEncontrosVeciñais
FotoEncontrosVeciñais

O BNG de Gondomar rematará no centro da vila a rolda de encontros veciñais polas parroquias do concello realizada co fin de coñecer de primeira man necesidades das veciñas e veciños.

O encontro, no que participará a portavoz municipal e candidata do BNG á vindeiras municipais Manuela Rodríguez Pumar, terá lugar mañá luns 27 de febreiro, ás 20h, no Café Keik (rúa Ánimas).

O BNG remata na vila de Gondomar a rolda de encontros veciñais polas parroquias do concello

GONDOMAR, 26 de febreiro de 2023.- O BNG de Gondomar rematará no centro da vila a rolda de encontros veciñais polas parroquias do concello realizada co fin de coñecer de primeira man necesidades das veciñas e veciños. O encontro, no que participará a portavoz municipal e candidata do BNG á vindeiras municipais, Manuela Rodríguez Pumar, terá lugar mañá luns 27 de febreiro, ás 20h, no Café Keik (rúa Ánimas).

O BNG pechará así un total de trece citas parroquiais que lle permiten recoller información relatada pola propia veciñanza sobre as carencias de servizos públicos como a recollida de lixo, o saneamento, a auga ou o transporte interparroquial; ou a falla de aulas matinais nos colexios, os problemas de aparcamento no centro da vila, a dificultade do acceso a vivenda para familias e mocidade ou a ausencia de alternativas de ocio.

Así mesmo, os veciños poderán aportar datos sobre outras problemáticas menos coñecidas pero de igual importancia. Estes testemuños contribuirán a afortalar o traballo do BNG a prol da veciñanza, tanto para trasladalos posteriormente en forma de iniciativas nos Plenos da Corporación, como para a elaboración do programa electoral das municipais de maio deste ano.

A aspiración do BNG é que a veciñanza participe da política do concello, compartindo as problemáticas que atopan e dificultan o día a día. “Convidamos a participar á veciñanza doutras parroquias que non puideron asistir no seu día ao encontro realizado na súa propia”, anima Manuela Rodriguez. “A maiores, segue a disposición da veciñanza unha breve enquisa para quen desexe aportar información ou dar a súa opinión de xeito anónimo. Pódese acceder a ela a través do código QR da imaxe”.

O BNG remata na vila de Gondomar a rolda de encontros veciñais polas parroquias do concello