Convención nacional do BNG
09 maio 2012 - 01:38
En Bloque, podemos. En Galiza, hai alternativa!
O Bloque Nacionalista Galego vai celebrar unha Convención Nacional co obxectivo de presentar, diante das vindeiras Eleccións Galegas, os eixos principais das nosas alternativas políticas e a Candidatura do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza.
A Convención terá lugar o domingo 13 de maio, ás 12 da mañá, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela (San Lázaro).