En defensa dos Montes Veciñais

En defensa dos Montes Veciñais

O BNG de Gondomar participou na Manifestación do 9 de xuño en Compostela en defensa dunha Lei de Montes respectuosa cos Montes Veciñais


- A Mancomunidade de Montes do Val Miñor e as CCMM estiveron presentes e contaron coa presenza de comuneiros e comuneiras e da veciñanza en xeral en apoio do monte veciñal, para o que se desprazaron varios autobuses.




O BNG apoiou a manifestación e alí estivemos presentes na defensa dun medio rural vivo e sustentábel como alicerce estratéxico para Galiza.



Felicitamos a todas as persoas presentes neste acto e, sobre todo, á Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), polo seu labor para concienciar á sociedade da necesidade do mantemento do monte veciñal, e por ter a iniciativa de convocar e encabezar unha mobilización para reivindicalo.






En defensa dos Montes Veciñais