Internacional
Aprobada en Gondomar a moción do BNG a favor da paz e contra o militarismo
14/abr./2026
A iniciativa do Bloque fai parte da súa campaña “Na Galiza: paz, soberanía, dereitos”, de reafirmación do seu compromiso co pacifismo, o antiimperialismo e a defensa da soberanía dos pobos
Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Chamamos a apoiar activamente a mobilización en rexeitamento do desfile das Forzas Armadas españolas o 30 de maio en Vigo, porque a paz non se constrúe a través da exhibición de forza nin da acumulación de armamento, senón mediante políticas activas de cooperación, solidariedade internacional, xustiza social e respecto aos dereitos humanos e á soberanía dos pobos”