A favor da Banca Pública Galega

A favor da Banca Pública Galega

O BNG rexistra no Concello de Gondomar unha moción a favor da Banca Pública Galega e dun referendo sobre o rescate


- O BNG de Gondomar considera que o que se vai rescatar, en realidade, son os bancos, únicos beneficiarios desta operación, e quen vai pagar a factura da operación, en forma de xuros e de novos recortes no seu benestar, é o conxunto da sociedade. E ademais vai significar a destrución do sistema financeiro galego.




A única alternativa para salvar o aforro galego e impedir que sexa espoliado por entidades foráneas é a aposta pola Banca Pública Galega, instando á Xunta de Galiza a que demande do Estado a transferencia da participación que o FROB detenta en NGB.



No BNG queremos que se rescate ás miles de persoas afectadas pola estafa das preferentes, así que con esta moción tamén demandamos unha solución para elas. Solución que non pode ser outra que a da restitución até o último céntimo de todos os seus aforros. Se hai 100.000 millóns de euros para rescatar a banca, debe haber, de existir vontade política, capacidade económica máis que de abondo para devolver o estafado ás vítimas desta xigantesca fraude.



A depuración das responsabilidades ás que houber lugar polo enorme burato deixado na economía polos xestores do sistema financeiro atopa tamén acomodo na moción do BNG que demanda a creación de comisións de investigación no Parlamento de Galiza e no Congreso dos Deputados. Até agora foron vetadas por un PP que claramente ampara os responsábeis dunha catástrofe financeira que, rescate á marxe, xa lle ten custado ao contribuínte 118.000 millóns de euros (máis de dúas veces o PIB galego!!!).



A moción tamén se preocupa do impacto que a nova reestruturación financeira imposta polo rescate vai ter no cadro de persoal de Novagaliciabanco e na atención aos veciños e veciñas, sobre todo da zona rural. Neste sentido, o BNG demanda a adopción de medidas políticas que permitan que non se destrúa nin un só posto de traballo máis no sistema financeiro galego e se preste atención adecuada aos clientes.


A nova nos medios:

A favor da Banca Pública Galega