Fondos
deputación
Deputada MRP

O BNG pide na Deputación máis fondos e campañas provinciais dignas para avanzar en igualdade real fronte ao rearmamento do machismo

As nacionalistas presentan unha moción polo 8M para que o goberno provincial incremente as iniciativas e accións feministas da súa axenda

O grupo provincial do BNG, a través da deputada Manuela Rodríguez, solicitará no vindeiro da Pleno da Deputación máis fondos “e campañas provinciais dignas” para avanzar en igualdade real fronte ao rearmamento do machismo.

As nacionalistas presentarán unha moción co gallo do 8M para que o goberno provincial incremente as iniciativas e accións feministas da súa axenda e propicie tamén as de colectivos sociais e entidades locais na provincia.

Ler novas
ensino
A deputada nacionalista Cristina Fernández Davila

O PP vota en contra de dotar dos fondos necesarios ao ciclo de Guía no medio natural que se imparte no IES Terra de Turonio de Gondomar

 

Cristina Fernández, deputada do BNG: "Coa falla de orzamento e profesorado o PP ‘privatiza’ os ciclos de Guía no medio natural. Demandamos do goberno galego un compromiso serio para poñer en valor un ciclo formativo moi demandado pola mocidade e cunha formación de gran calidade e con moi boa saída laboral"

Ler novas