SAF
Concello de Gondomar
Voceira do BNG

O BNG reclama a Xunta a inclusión do Concello de Gondomar no novo financiamento para o SAF

Se Gondomar queda fóra, deixará de ingresar medio millón de euros para un servizo que, aínda así, seguiría a ser deficitario para o Concello cando debería ser financiado integramente entre a Xunta e o Estado

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Se ben Ferreira debería explicar por que non asinou o acordo coa Xunta cando el mesmo o aprobou na Executiva da FEGAMP, é ‘indecente’ que goberno do PP de Rueda pretenda precarizar aínda máis o servizo as persoas usuarias e traballadoras do SAF de Gondomar deixando fóra ao noso concello”

Ler novas
deputación
Pleno Deputación 31072025

O BNG pide a Igualdade da Deputaciónque inste ás empresas do SAF, concellos e Xunta a suspender os servizos de maneira cautelar cando se detecten casos de acoso

Esta petición foi presentada pola deputada Manuela Rodríguez tras o minuto de silencio celebrado antes do Pleno provincial con motivo do asasinato de Teresa de Jesús, traballadora do servizo de axuda ao fogar no Porriño.

Manuela Rodríguez, deputada provincial: "De nada serven os minutos de silencio. Máis ao contrario, fan falla berros de denuncia e accións encamiñadas a que non se repitan situacións de perigo para as mulleres"

 

Ler novas