O BNG de Gondomar renova a súa dirección local
O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar vén de celebrar unha asemblea na que se renovou a dirección local da organización. O BNG segue así o proceso de renovación iniciado coa celebración da décimo quinta Asemblea Nacional a finais do pasado mes de febreiro.
O novo Consello Local está integrado por Álvaro Lores como Responsábel Local, Marta Dacosta (Vicerresponsábel), Xosé Lois Ruiz (Responsábel de Organización e Finanzas), Manuela Rodríguez (Responsábel de Acción Municipal) e Mercedes Fernández (Responsábel de Acción Feminista). Na súa intervención na asemblea, Álvaro Lores destacou a intención do novo Consello Local de seguir traballando dende Gondomar para afortalar o proxecto nacionalista como única alternativa real na defensa dos intereses das galegas e galegos.