Campaña de proximidade
O BNG rematou en Gondomar unha campaña de proximidade en que deu prioridade aos contactos coas veciñas e veciños. Deste xeito o BNG realizou actos nas dez parroquias do concello, sendo un deles o mitin central do pasado 10 de outubro, no que contamos cao presenza do cabeza de lista por Pontevedra: Carlos Aymerich. Nestes actos participaron diferentes integrantes da organización, nunha campaña que se caracterizou pola ampla participación da militancia e simpatizantes.
O BNG, que tamén realizou varios encontros sectoriais, tivo así a oportunidade de falar coa veciñanza e coñecer de primeira man o descontento da cidadanía coa actual situación do noso país a nivel económico e en materia de emprego. As persoas asistentes a estes actos manifestaron a súa preocupación pola política de recortes que levaría adiante o actual goberno da Xunta e do Estado de non mudar a correlación de forzas políticas o vindeiro domingo 21.
O BNG trasladoulles o seu compromiso de procurar un goberno da Xunta que lle faga fronte aos recortes, polo que pediu o voto para garantir que o PP non siga no goberno, nin se siga afondando na política de recortes apoiando unha organización política, o BNG, que ten como única prioridade e único compromiso a defensa das galegas e dos galegos, a defensa da mellora da súa calidade de vida poñendo Galiza a producir, creando emprego na nosa terra e defendendo e fortalecendo os servizos públicos.