Conversa co BNG en Chaín, Peitieiros e Donas

Conversa co BNG en Chaín, Peitieiros e Donas

O BNG de Gondomar presenta o seu Consello Local en Chaín, Peitieiros e Donas


- O BNG de Gondomar vai celebrar esta semana tres novos encontros abertos coas veciñas e os veciños, desta volta nas parroquias de Chaín, Peitieiros e Donas.




Co título de Conversa co BNG terán lugar tres encontros coa veciñanza das parroquias de Chaín, Peitieiros e Donas o próximo martes, mércores e venres, respectivamente. Nestes encontros será presentado o novo Consello Local integrado por Álvaro Lores, responsábel local, Marta Dacosta, vicerrresponsábel local, Bieito A. Lobariñas, responsábel de organización e Ana Bringas, responsábel de finanzas.



A primeira Conversa será o martes 5 de xuño ás 21 horas no Centro Cultural A Mercede de Chaín.

O mércores 6 de xuño, tamén ás 21 horas, terá lugar o encontro cos veciños e veciñas de Peitieiros no seu Centro Cultural.

E o venres 8 de xuño, á mesma hora, o encontro será en Donas, no Centro Cultural desta parroquia.



O BNG valora moi positivamente os encontros realizados, nos que as veciñas e os veciños se interesan pola actividade que está a desenvolver a organización e trasladan as súas preocupacións sobre a situación política de Gondomar e tamén propostas de actuación local. Son encontros distendidos nos que o diálogo é o elemento central.



O BNG de Gondomar convida a todas e a todos a que acudan a estes encontros, en que o BNG quere escoitar e recoller as preocupacións da veciñanza.


A nova nos medios:

Conversa co BNG en Chaín, Peitieiros e Donas