Conversa co BNG en Couso
14 maio 2012 - 12:33
O BNG de Gondomar presenta o seu Consello Local en Couso
- O BNG de Gondomar celebra este martes 15 de maio un encontro coas veciñas e os veciños de Couso para presentar o seu novo Consello Local.
Co título de Conversa co BNG, terá lugar este martes ás 20:30 horas, na Casa Veciñal de Couso, un encontro coa veciñanza desta parroquia para presentar o novo Consello Local do BNG de Gondomar, integrado por Álvaro Lores, responsábel local, Marta Dacosta, vicerrresponsábel local, Bieito A. Lobariñas, responsábel de organización e Ana Bringas, responsábel de finanzas.
O BNG de Gondomar convida a todas e a todos a que acudan a este encontro, no que o BNG quere ademais escoitar e recoller as preocupacións da veciñanza.