Conversa co BNG en Morgadáns
O BNG de Gondomar presenta o seu Consello Local en Morgadáns
- Co título de Conversa co BNG o luns día 28, ás 21 horas nas Escolas de Guillufe terá lugar o encontro coa veciñanza da parroquia de Morgadáns. Neste encontro será presentado o novo Consello Local integrado por Álvaro Lores, responsábel local, Marta Dacosta, vicerrresponsábel local, Bieito A. Lobariñas, responsábel de organización e Ana Bringas, responsábel de finanzas.
O BNG valora moi positivamente os encontros xa realizados, nos que as veciñas e os veciños se interesan pola actividade que está a desenvolver a organización e trasladan as súas preocupacións sobre a situación política de Gondomar e tamén propostas de actuación local. Son encontros distendidos nos que o diálogo é o elemento central.
O BNG de Gondomar convida a todas e a todos a que acudan a estes encontros, en que o BNG quere escoitar e recoller as preocupacións da veciñanza.
A nova nos medios: