O BNG DE GONDOMAR FORZA AO ALCALDE A CONVOCAR A XUNTA DE PORTAVOCES PARA AXENDAR O DEBATE DE TEMAS IMPORTANTES PARA O CONCELLO

DIANTE DA INACCIÓN DO GOBERNO LOCAL

FotoVoceiraBNGGondomarPleno
Manuela Rodríguez Voceira do BNG de Gondomar

A solicitude, asinada tamén polos demais voceiros da oposición, marca o mércores 25 como data para comezar a falar da subministración da auga en Vilaza, do plan municipal de inundacións e da humanización da Alameda.

DIANTE DA INACCIÓN DO GOBERNO LOCAL

Gondomar, a 23 de outubro de 2023.- O BNG de Gondomar, diante da inacción do goberno local, forza ao Alcalde a convocar da Xunta de Portavoces para axendar o debate de temas importantes para o concello. A solicitude, asinada tamén polos demais voceiros da oposición, insta a facelo, con carácter urxente para o mércores 25 de outubro, co fin de comezar a falar da subministración da auga en Vilaza, do plan municipal de inundacións e da humanización da Alameda. “Ten a obriga de convocala, tal como recolle o regulamento orgánico municipal (ROM), ao estar asinada a solicitude por dous ou máis membros. E é urxente facelo para dar os debates, aportar solucións e procurar acordos de cara ao vindeiro pleno”, explica Manuela Rodríguez, voceira do BNG.

No caso do problema da auga en Vilaza, o BNG xa solicitara incluír o tema na xunta extraordinaria que o Alcalde convocara para o día 4 de outubro para tratar a humanización da Alameda. Malia que nunha mensaxe de WhatsApp o Alcalde respondía que ‘prefería deixar esa xunta para a semana seguinte’, “a día de hoxe -tres semanas despois-, aínda no foi convocada”, lamenta Rodríguez.

No referido ao plan municipal de inundacións, o Bloque xa denunciou a gravidade de queentrando xa en plena época de chuvias, Gondomar non conte aínda cun protocolo de actuación municipal ante o risco de inundacións. “Queremos colaborar para evitar situacións como as do nadal pasado. Para iso é fundamental que nos xuntemos e que o goberno local informe das medidas tomadas até agora das que, aínda en ausencia de plan aprobado, se poderían poñer en marcha na actualidade de se producir enchentes.

E no que respecta á humanización da Praza Alameda, logo de se ter retirado da orde do día do pleno do pasado martes 17 o punto referido á adxudicación da obrano BNG agardaban que, “en vista da présa que tiña o Alcalde por aprobalo”, se lles convocara inmediatamente. Tal como Rodríguez explicou no pleno, “a retirada pretendía gañar tempo para aclarar a situación real e para por riba da mesa os problemas e incertezas que se xeraron arredor do proxecto, que van máis alá da existencia ou non do tráfico rodado na rúa Manuel Losada: o paso ou a desviación do tráfico, a falta de aparcamento, a situación do comercio durante o periodo das obras de humanización e despois desta. “Pero tampouco”, lamenta Rodríguez, “no canto de tratar de poñer en común e de crear consensos, Ferreira prefire seguir a se facer a vítima e sair dicindo que está ‘canso e farto de dar explicacións’. Esa é a súa forma de asumir ao labor de goberno en minoría, e logo somos nós as irreponsábeis!”, remata.

DIANTE DA INACCIÓN DO GOBERNO LOCAL