inundacións
Concello de Gondomar
Gondomar asolagado

O BNG lamenta que os continuos atrasos das obras para reducir os efectos das enchentes do Miñor volvan ser a causa das inundacións en Gondomar

Denuncian que Xunta e Concello levan anos de desencontros e acusacións cruzadas, poñendo os seus intereses partidistas por diante do interese xeral do concello

Consideran ademais que, dada a alerta metereolóxica por chuvias, o goberno local debeu en poñer en marcha xa o domingo o plan de emerxencia

Ler novas
BNG Gondomar

O BNG esixe actuacións urxentes da Xunta para evitar novas inundacións en Gondomar

A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Parlamento galego diante da “inacción” do Executivo do PP malia as graves consecuencias das enchentes en anos anteriores

Carmela González: “É unha irresponsabilidade o incumprimento reiterado por parte do Goberno galego do inicio das obras destinadas a reducir o risco de inundacións”

Manuela Rodríguez: “Resultan indignantes as escusas e as acusacións cruzadas entre Xunta e Concello diante da preocupación da veciñanza”
Ler novas
Autoestrada AG-57
ObraXuntaPonte

O BNG de Gondomar propón á Xunta que faga gratuíta a AG-57 como alternativa ás obras contra as inundacións

A fronte nacionalista lamenta que nin o Goberno galego nin o municipal conten cun plan para canalizar o intenso tráfico que circula a diario pola ponte de Curros Enríquez, que será demolida

Manuela Rodríguez: “Nin a estrada Vincios-Couso nin o centro de Gondomar poden soportar tanto vehículo, e os camións e autobuses simplemente quedarían atascados”

Ler novas