Pintadas machistas nas rúas de Gondomar

Pintadas machistas nas rúas de Gondomar

20140131_nota_prensa_BNG_Gondomar

A petición do BNG, o Concello eliminará unha pintada que incita á violencia de xénero

O Concello de Gondomar decidiu eliminar das inmediacións do Campo das Cercas unha pintada que incita á violencia de xénero tras as denuncias presentadas polo Bloque Nacionalista Galego ante a Concellería de Igualdade. O BNG levará ao vindeiro Consello Municipal da Muller, que se reunirá en febreiro, a proposta de que se organice unha campaña institucional de concienciación, orientada especialmente á mocidade do concello, sobre a violencia de xénero nas súas diversas manifestacións, ante o preocupante aumento deste fenómeno entre a xente moza.

Pintadas machistas nas rúas de Gondomar