24 de febreiro, Día de Rosalía
16 xan. 2014 - 15:41
O BNG presenta unha moción para que se declare o 24 de febreiro Día de Rosalía no Concello de Gondomar e se realicen actividades que honren a súa figura e a súa obra, en concreto, unha lectura pública da obra rosaliana nun lugar destacado do concello en que o alumnado dos centros escolares e persoas destacadas pola súa actividade cultural teñan o papel protagonista e pendurar nos balcóns das casas e das institucións bandeiras galegas, pancartas con versos de Rosalía debuxados, procurar espazos para realizar graffitis, murais... A moción demanda tamén que se recupere a incorporación do Día de Rosalía ao seu Calendario do Libro e da Lectura.