O BNG preguntará ao goberno local no pleno pola situación das instalacións deportivas municipais das Gaiandas

Zonas de valado de terra
Zonas de valado de terra
Tamén pedin información ao Alcalde sobre a cobertura da atención médica ao menor ferido no accidente ocorrido no campo de fútbol en abril pasado
O BNG preguntará ao goberno local no pleno pola situación das instalacións deportivas municipais das Gaiandas

No pleno de mañá martes 17 de xuño, o BNG preguntará ao goberno local pola situación das instalacións deportivas municipais das Gaiandas. O recinto leva precintado desde o 29 de abril, logo do derrubamento, tres días antes, do muro da grada do campo durante un partido do equipo dos cadetes do Gondomar CF.

 

Así mesmo, a organización nacionalista pedirá información ao Alcalde respecto dcobertura económica da atención médica ao menor ferido no accidenteA portavoz municipal Manuela Rodríguez explica que agardamos que finalmente se atendera a demanda da familia do xogador e lamentamos que se vira obrigada a denunciar a situación a través dos medios de comunicación por falta de dilixencia por parte do Concello, que é entidade titular e responsable da instalación”.

 

Tamén lamenta Rodríguez as declaracións do Alcalde que naquel día dixo que o muro caeu ‘a causa dunha avalancha de xente’ ou que en circunstancias normais non caería, pero que ‘se a forza que se lle aplica é moita, pasa o que pasa’, como facendo recaer a culpa na mocidade afeccionada que celebraba un gol do seu equipo.

 

realidade é que esa instalación deportiva presentaba un estado bastante lamentable como se pode comprobar nunha reportaxe fotográfica realizada polo BNG o xoves anterior a se producir o accidente no campo. Unhas imaxes que mostran un perímetro de muros en mal estado e con perigo de derrubamento, muros caídos sen arranxar, zonas de valado de terra e pedra con risco de desprendementos, restos de lixo e entullos sen retirar. E mostran tamén a fenda horizontal que presentaba o muro caído que foi precisamente por onde quebrou (achégase reportaxe gráfica  https://www.youtube.com/watch?v=MU364Hen03c ).

 

Á vista desas fotos sorprende que no decreto de Alcaldía, polo que se ordena o precinto do campo das Gaiandas, se diga que se pecha á actividade porque na actualidade se descoñece a situación da estabilidade da instalación’cando no mesmo decreto sinala que é o Concello quen ten as competencias en materia de seguridade nos espazos públicos.

 

Pero o máis sorprendente é que o Concello gastara 400.000 euros en poñer un campo de herba artificial, inaugurado en xaneiro deste ano, pero mantivera o resto da instalación en semellantes condicións. Sorprendente e irresponsable”, indica Rodríguez.

 

BNG non votou a favor dese investimento. Por iso cando, na noite do accidente no campo, organización nacionalista anunciou que ía solicitar información sobre o ocorrido e sobre estado do conxunto das instalacións, Alcalde “acusounos de oportunismo, demagoxia e de ‘ter jeta’; seica non estabamos lexitimados”lembra a concelleira nacionalista.

 

portavoz nacionalista lembra que “o BNG non votou a favor dese investimento por considerar que o Concello tiña outras moitas prioridades. Así o explicou no pleno, diante de integrantes da directiva e doutros membros do Gondomar FC alí presentes, con claridade, sen nada que ocultar”.

 

E a resposta do BNG ás acusacións do Alcalde é contundente: “oportunismo sería sacar todas estas imaxes do estado do campo no propio día do accidente e demagoxia sería dicir no pleno aquel xustamente o que o público quería oír. Con respecto ao de ‘ter jeta’, iso déixollo para vostede Sr Ferreira”, espetou Rodríguez.

 

Desde o BNG indican que, con independencia dese posicionamento, seu labor é o de fiscalizar o labor do goberno. É por iso que, no pleno de mañá martes que é o primeiro desde a caída do muro, a portavoz municipal preguntará que medidas está a tomar o goberno municipal para garantir seguridade nas Gaiandas, canto poden demorar as actuacións e cal é o horizonte temporal para o levantamento do precinto e da suspensión do uso das instalacións.

O BNG preguntará ao goberno local no pleno pola situación das instalacións deportivas municipais das Gaiandas