O BNG de Gondomar duplica a porcentaxe de voto afianzando o seu crecemento en todas as parroquias
O apoio á candidatura encabezada por Ana Miranda pasa dun 8,25% no 2019 a un 16,49% no 2024.
Nos comicios do pasado domingo 9 de xuño o BNG de Gondomar duplicou a porcentaxe de votos en todas as parroquias. Dun 8,25% no 2019 a un 16,49% no 2024, o que se traduce en 1017 votos. Na formación nacionalista afianzamos o crecemento, que se observa desde as pasadas eleccións municipais, o que reforza o noso traballo de parroquia en parroquia a pé da veciñanza.
Estes resultados son froito do gran traballo da militancia que desempeña unha labor de vital importancia na rúa e na sociedade e fundamentalmente grazas á confianza dos veciños e das veciñas de Gondomar que creen que o BNG é alternativa.
Seguiremos aí, traballando para facer de Gondomar, Galiza e Europa un lugar mellor para todos e todas.