Acto público do BNG no Val Miñor
O BNG celebrará o domingo 2, ás 19h na Praza das Escolas Vellas (Gondomar), o acto público da campaña das europeas no Val Miñor
VAL MIÑOR, xuño de 2024.- Dentro do calendario de actos da campaña das eleccións ao Parlamento europeo, o BNG celebrará mañá, domingo 2 de xuño, ás sete da tarde o seu acto central no Val Miñor.
O acto que será presentado pola portavoz do BNG en Gondomar Manuela Rodríguez, terá lugar na Praza das Escolas Vellas de Gondomar (ao carón da Casa da Cultura) e nel participarán Roberto Pascual e Bieito Lobeira, candidatos nº 6 e nº 2, respectivamente, da candidatura do BNG.
Dende o BNG do Val Miñor convidan á veciñanza a se achegar a este acto en que, baixo o lema Galiza en Europa, con voz propia!, falarán das súas principais propostas cara unha verdadeira Europa dos pobos e da xustiza social, modelo que defende o BNG e polo que seguirá traballando activamente no parlamento europeo, como xa o veu facendo até agora a través da acción política da europarlamentaria, e novamente cabeza de lista, Ana Miranda, a voz galega en Europa.