val
Val Miñor
Carmela Glez co BNG Val de Miñor

O BNG denuncia que o PP actúa contra os intereses da veciñanza do Val de Miñor

Todas as emendas aos Orzamentos da Xunta para 2026 presentadas polo Bloque foron rexeitadas polo partido popular de Rueda

Os portavoces municipais de Baiona, Gondomar e Nigrán laméntan que o rodete da maioría absoluta do PP galego rexeite a totalidade das trinta emendas parciais formuladas polo BNG, e impedirá o investimento de preto de vinte millóns de euros no Val de Miñor”

Carmela González, deputada do BNG: “O PP priva a veciñanza do Val de Miñor dun incremento imprescindible para corrixir a marxinación que as contas de Rueda supoñen tanto para os tres concellos no seu conxunto como para cada un por separado”

Ler novas
mancomunidade
FotoVoceirxsBNGValMiñor

O BNG defenderá a permanencia de Gondomar na Mancomunidade de Concellos do Val de Miñor

Os portavoces nacionalistas de Baiona, Gondomar e Nigrán lamentan que o desleixo das sucesivas presidencias de PP ou PSOE faga esmorecer o enorme potencial deste ente supramunicipal e apostan por reforzalo con novos servizos e actividades mancomunadas

Manuela Rodríguez, portavoz do BNG en Gondomar: “Que vai pasar coa cobertura do GES para as nosas emerxencias, cos beneficios no uso da piscina da Ramallosa e co dereito de acceso as escasas prazas públicas do centro de día se Gondomar abandona a Mancomunidade? E de todo iso do que nos quere quitar Paco Ferreira?”

Ler novas
medio ambiente
FotoAcciónEólicos_MOUGAS_OIA_2

O BNG traslada ao Parlamento galego o clamor social contra os proxectos eólicos no Val Miñor e no Baixo Miño

Desde o BNG trasladarán a ofensiva social ao Parlamento galego para esixir unha rectificación da Xunta. Bará chamou a frear este modelo “depredador do territorio” que defende o PP e denunciou os “atallos legais” que está a usar o goberno do Feixóo para favorecer a aprobación dos proxectos, como a fragmentación de parques que conforman unha unidade co fin de minguar os impactos que reflicten as avaliacións ambientais.
Ler novas