A acción política do BNG impulsa actuacións da Mancomunidade para a mellora do GES

Captura de pantalla 2024-03-17 a las 11.37.58
GES Val Miñor
A iniciativa do Bloque forzou unha reunión, celebrada este xoves en Gondomar, en que se tomaron acordos fundamentais para rematar coa absoluta precariedade nas condicións de traballo do servizo de emerxencias supramunicipal
A acción política do BNG impulsa actuacións da Mancomunidade para a mellora do GES

debate sobre a situación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), impulsado polo BNG no pleno ordinario da Mancomunidade do pásado 6 de marzo, forzou a celebración dunha reunión de traballo realizada este xoves en Gondomar.

 

Na xunta, á que non acudiron os representantes do PP de Gondomar e Nigrán nin do PSOE de Nigrán e Baiona, “tomaronse acordos fundamentais no camiño de rematar coa absoluta precariedade en que se atopa o servizo de emerxencias”, afirman Iago Pereira e Manuela Rodríguez, representantes do BNG na Mancomunidade.

 

Así, no referido ás condicións laborais, acordouse a elaboración dunhas directrices que regulen as quendas de reforzos, para que a rotación se realice de xieto equitativo entre todos os efectivos do servizo; reactivación do proceso de elaboración das bases dunha bolsa de contratación para poder incrementar o cadro de persoalo remate do proceso de estabilización dos postos de traballo temporais.

 

No que respecta ao proceso aberto en 2021 e ao informe de 2022 da comisión de investigación de acoso laboral, informouse de que está pendente do estudo por parte da nova secretaría da mancomunidade.

 

En relación ao estado das instalacións, acordouse acometer melloras básicas sen desbotar o estudo dunha nova localización para as dependencias do Grupo de Emerxencias, nun lugar axeitado que facilite a comunicación con todo o Val, deseñado funcionalmente para o seu cometido e específico para o servizo.

 

Dada a dimensión do servizo prestado polo servizo de emerxenciasno camiño de avaliar a necesidade de dar o paso á implantación dun verdadeiro parque de bombeiros no Val Miñor, tamén se concordou na oportunidade de encargar a realización dun estudo sobre o operativo do GES que faga un informe exhaustivo de todos os aspectos á que atende e que o determinan: poboación en cada época do ano, características do ámbito de actuación, número e tipo de actuacións realizadas.

 

Para o debate e aprobación dun paquete inicial destas medidas, na reunión tamén se acordou convocatoria dun novo pleno extraordinario e fixado inicialmente para o 10 de abril.

 

Os representantes do BNG no Val Miñor, que valoran positivamente o resultado da xuntanza, agardan que os acordos tomados non queden en papel mollado e que, dunha vez por todas, se remate “co desleixo temerario que viñan mostrando os sucesivos gobernos da Mancomunidade”. “Porque é fundamental velar polo correcto funcionamento dun servizo do que poden chegar a depender os nosos bens e as nosas vidas”, remarcan novamente os nacionalistas Pereira e Rodríguez.

A acción política do BNG impulsa actuacións da Mancomunidade para a mellora do GES