GES
Vídeo
FotoOfensivaGESDignoXa2

Video BNG - Situación da sede do GES no Val Miñor

A sede do GES, o espazo da vergoña

Pero a problemática laboral non é a única. Así o BNG denuncia que “a absoluta precariedade en que vive o servizo de emerxencias” afecta tamén ás súas dependencias, tanto no que respecta á localización como ao estado en que se atopan.

Relatan que actual sede do GES atópase en “situación de total abandono, leva anos sen lle facer nin o máis mínimo mantemento”. Nun edificio compartido con outros servizos do Concello de Nigrán, “cunhas instalacións cheas de humidades, paredes desconchadas, barandas desprendidas, teitos con pingueiras, unha escaleira perigosa, sen espazo nin elementos para o adestramento físico”, en definitiva, “é o espazo da vergoña, insalubre e incompatible cunhas condicións laborais minimamente dignas”. Sinalan desde o Bloque que nin a Xunta do PP, nin os sucesivos presidentes da Mancomunidade”, os socialistas de Nigrán e Gondomar, e o popular de Baiona, “fan nada por arranxar a situación, nótase que eles non teñen que traballar aquí”.

Por outro lado, os nacionalistas volven denunciar tamén a “desaxeitada localización da propia sede do GES”Situada nunha rúa sen saída e detrás dun instituto de educación secundaria que concentra en determinadas horas innumerables vehículos e persoas, o “que pode dificultar enormemente as saídas de emerxencias”, lembran.

Diante desta situación, as e os representantes do BNG consideran que se fai “imprescindible construíunha nova sede ou trasladar o Grupo de Emerxencias a unhas novas dependencias”. Cómpre dotalo dunha “nova localización que evite ter os vehículos á intemperie, que estea situada nun lugar axeitado, que facilite a comunicación con todo o Val, deseñada funcionalmente para o seu cometido e específica para o servizo”.

Para as nacionalistas é “condición necesaria conseguir esas novas dependencias que garantan prestar un mellor servizo, con maior seguridade e efectividade”. E insisten en que debe ser xa, porque é dunha irresponsabilidade temeraria manter nese estado o servizo das emerxencias, xogámonos vidas.

Para o BNG a consecución dun novo emprazamento “só poderá vir da man dun convenio entre a Mancomunidade e as outras administracións competentes”, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galiza, “de aí esta ofensiva simultánea nas distintas institucións.

Ler novas
Val Miñor
FotoOfensivaGESDignoXa2

O BNG anuncia unha ofensiva institucional contra a situación de absoluta precariedade do servizo do GES do Val Miñor

organización nacionalista avanza iniciativas nos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, na Mancomunidade do Val Miñor, na Deputación de Pontevedra e no Parlamento galego para demandar a dignificación do servizo, tanto no laboral como no que respecta ás dependencias da sede do servizo de emerxencias

 

É imperativo darlle unha solución xa, manter nese estado o servizo das emerxencias é dunha irresponsabilidade temeraria, xogámonos vidas

Ler novas
Val Miñor
FotoEmprazamentoGESValMiñor

O goberno do PP na Xunta rexeitou a emenda do BNG para a construción dunhas novas instalacións para o GES

A emenda de 1M€ aos orzamentos da Xunta tiña por obxecto dotar dunha nova localización ás dependencias do Grupo de Emerxencias Supramunicipal: un lugar axeitado, que facilitara a comunicación con todo o Val, deseñado funcionalmente para o seu cometido e específico para o servizo

 

O portavoces do BNG nos tres concellos lamentan que remate un ano máis cun servizo de emerxencias en precario, nin Xunta nin Mancomunidade velan polo correcto funcionamento do GES do Val Miñor, un servizo do que poden chegar a depender as nosas vidas”.

Ler novas