CONSIDERAN QUE O GOBERNO LOCAL DEBE EXPLICAR PORQUE, LOGO DE SEIS ANOS, AÍNDA NON ESTÁ REGULARIZADA A SITUACIÓN ADMINISTRATIVA DO SERVIZO NESA PARROQUIA

O BNG de Gondomar convoca asemblea informativa en Vilaza sobre a problemática da subministración de auga

CartazAsembVilazaAuga
CartazAsembVilazaAuga

O BNG de Gondomar convoca á veciñanza de Vilaza a unha asemblea informativa sobre a problemática do servizo de subministración de auga na parroquia. Será o mércores 3 de agosto ás 20:15h no Centro Cultural de Vilaza. Na reunión, que está dirixida ao conxunto da veciñanza teña ou non auga da rede veciñal, participará a Portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez.

 

 

O BNG de Gondomar convoca asemblea informativa en Vilaza sobre a problemática da subministración de auga

Gondomar, 30 de xullo de 2022.- O BNG de Gondomar convoca á veciñanza de Vilaza a unha asemblea informativa sobre a problemática do servizo de subministración de auga na parroquia. Será o mércores 3 de agosto ás 20:15h no Centro Cultural de Vilaza. Na reunión, que está dirixida ao conxunto da veciñanza teña ou non auga da rede veciñal, participará a Portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez.

 

Por outro lado e co obxecto de que o Alcalde dea as explicacións pertinentes a respecto da garantía de subministración de auga na rede municipal, o BNG tamén ten solicitado desde o pasado mércores unha reunión inmediata e urxente da xunta de portavoces da corporación municipal, mais a día de hoxe aínda non foi convocada: “o goberno debe informar ao conxunto dos representantes veciñais sobre que medidas ten tomadas para resolver os problemas de control do consumo de auga, non só na parroquia de Vilaza, senón no conxunto da rede municipal, e explicar porque, logo de seis anos, aínda non está regularizada a situación administrativa do servizo nesa parroquia”, indica Rodríguez.

 

Tamén solicitan información sobre como afecta a Gondomar o anuncio por parte da Xunta de que o Val Miñor podería entrar en pre-alerta por seca na vindeira semana. A respecto dese anuncio e das desafortunadas declaracións do Alcalde aparecidas na prensa, desde o BNG consideran irresponsábel por parte de Ferreira dicir que o ‘control eficiente do consumo da auga é difícil’ a causa da existencia de multitude de traídas veciñais, dando a entender que esa forma de xestión, a comunal, é menos ‘responsable’. E é para o BNG unha falta de respecto cando “esas comunidades veciñais, regularizadas ou non, son as mesmas que veñen subministrando auga, ano tras ano e todos os días do ano, ao 60% da poboación de Gondomar sen ningún tipo de preocupación nin apoio por parte do Concello, a pesar de ser o da auga un servizo de competencia municipal”.

O BNG de Gondomar convoca asemblea informativa en Vilaza sobre a problemática da subministración de auga