ESPINA E DELFÍN INFORMOU AO ALCALDE, HAI XA DEZ DÍAS, DUNHA SITUACIÓN DE ALERTA POR SECA QUE O GOBERNO OCULTOU Á VECIÑANZA

O BNG pide información ao goberno de Gondomar sobre o risco de cortes no subministro municipal de auga

IMG_9971_2
IMG_9971_2

O BNG pide información ao goberno de Gondomar sobre o risco de cortes no subministro de auga da rede municipal. A actual empresa concesionaria do servizo municipal de subministración de auga, Espina e Delfín, remitiu un documento ao Alcalde, con data 16 de xullo, onde informaba dunha situación de alerta por seca que o goberno local ocultou á veciñanza.

O BNG pide información ao goberno de Gondomar sobre o risco de cortes no subministro municipal de auga

Gondomar, 25 de xullo de 2022.- O BNG pide información ao goberno de Gondomar sobre o risco de cortes no subministro de auga da rede municipal. A actual empresa concesionaria do servizo municipal de subministración de auga, Espina e Delfín, remitiu un documento ao Alcalde, con data 16 de xullo, onde informaba dunha situación de alerta por seca que o goberno local ocultou á veciñanza.

 

O informe figura entre a documentación do expediente de privatización do servizo de auga e saneamento que vai ao pleno de mañá, martes 26 de xullo, e relaciona o problema co abastecemento de auga á parroquia de Vilaza, supostamente porque, ao non estar controlado o subministro aos veciños, unha parte deles estaría a ter un consumo anormalmente esaxerado. A concesionaria indica tamén que, na actual situación de seca e de continuar así o consumo, é previsible que teña que restrinxir o abastecemento con cortes de auga a Gondomar en determinados períodos horarios.

 

En febreiro de 2016 o Consello Consultivo de Galiza declarou nulo o expediente de municipalización da rede de subministración de auga da parroquia de Vilaza --acordada coa súa Comunidade de Augas e aprobada en 2015 por resolución do daquela Alcalde do PP, Fernando Guitián--, porque tiña que terse aprobado nun pleno municipal. Coñecida a nulidade, o novo Alcalde Paco Ferreira manifestou a súa ‘firme intención de solucionar o problema’, mais a día de hoxe, seis anos despois “a situación non avanza”, denuncia a portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez, e o que é peor, complícase, porque o informe de Espina y Delfín indica tamén que a partir de agosto deixará de realizarse o control sanitario do abastecemento desa parroquia por estar de baixa a comunidade.”

Desde o BNG consideran que a raíz do problema non reside nos usuarios, “senón na incapacidade e nefasta xestión do goberno local do PSOE que, logo de tanto tempo, non foi quen de desbloquear a situación, máxime cando se trata do servizo dun ben básico e de competencia municipal”.

 

E é ademais dunha gran irresponsabilidade que a situación de alerta por seca non se puxera en coñecemento da veciñanza, nin de Vilaza nin do resto das zonas que se subministran coa rede municipal, e que aínda non se teña activado ningunha medida para reverter o exceso de consumo e evitar os posíbeis cortes no subministro de auga”, indica Rodríguez.

 

O Plan da Seca precisa “ampliación”, como dicía o BNG

O pasado 26 de maio o Alcalde presentou o chamado Plan da Seca para o concello de Gondomar. Un plan que para o BNG nacía insuficiente, por non dicir inservible. “Pois tiñamos razón, só houbo que agardar dous meses e xa vai ser ‘ampliado’ ”. Así o admitiu o Sr. Ferreira nunha comisión informativa correspondente ao pleno de mañá. Irá dentro dunha modificación orzamentaria dun total de 1.278.242,90.-€, con cargo ao remanente de tesourería que queda completamente esgotado, baixo o nome de ‘auditoría traída de augas’ e por un importe de 18.150€.

Unha mostra máis da incompetencia do goberno estilo Ferreira: xa gastou outro tanto no ‘primeiro’ plan (para o que contou cunha subvención de 15.000€ da Xunta de Galiza), e atrasa a posibilidade de poñelo en marcha até que estea feita esta ‘segunda parte’. Para o BNG “o propio dun goberno eficiente e eficaz sería ter feito un único, planificado e ben orzamentado, e agora estaría rematado e listo para aplicar en calquera situación”.

O BNG pide información ao goberno de Gondomar sobre o risco de cortes no subministro municipal de auga