O GOBERNO LOCAL DO PSOE REXEITOU ESTUDAR A POSIBILIDADE DA XESTIÓN PÚBLICA

O BNG anuncia alegacións a privatización do servizo de auga en Gondomar que deixa miles de vivendas sen saneamento

ManuelaRPumar e DavidRivas - BNG
ManuelaRPumar e DavidRivas - BNG

O documento só contempla un incremento, nos 20 anos de concesión, de 771 novos abonados ao saneamento, cando na actualidade hai en Gondomar máis de 3.000 vivendas sen este servizo

O BNG anuncia alegacións a privatización do servizo de auga en Gondomar que deixa miles de vivendas sen saneamento

Gondomar, 9 de maio de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego anuncia que presentará alegacións ao estudo de viabilidade económico-financeira da privatización do servizo de auga e sanemento municipal. O documento, realizado en decembro de 2020, analiza a posibilidade de otorgar a concesión destes servizos a unha empresa privada durante vinte anos, mais só contempla un incremento de 771 novos abonados ao saneamento, cando na actualidade hai en Gondomar máis de 3.000 vivendas sen este servizo.

Desde o BNG lamentan a negativa do goberno local do PSOE de estudar tamén a posibilidade da xestión pública e consideran preocupante que nese estudo non se teñan en conta as necesidades actuais nin futuras no que a saneamento se refire. Subliñan que o borrador do PXOM, presentado polo goberno de Paco Ferreira na Xunta para a súa avaliación ambiental e estratéxica en agosto de 2020, prevé que a necesidade real en Gondomar, nun horizonte de 16 anos, sería de 2.250 novas vivendas.

A conclusión que sacamos é que o goberno local continúa sen ver prioritario o saneamento integral do noso concello”, indica a Portavoz municipal do BNG en Gondomar, Manuela Rodríguez, e engade:ao Alcalde non lle preocupa nin que o 44% da veciñanza careza de saneamento, nin que a súa ausencia estea a xerar un problema de contaminación que compromete a saúde pública”.

Pola súa parte, a organización nacionalista continúa coa campaña a prol do saneamento integral do concello e exercerá con responsabilidade a defensa do medioambiente e a calidade de vida do conxunto das veciñas e veciños de Gondomar.

O BNG anuncia alegacións a privatización do servizo de auga en Gondomar que deixa miles de vivendas sen saneamento