CONTINÚA COAS MESAS DE DEBATE SOBRE O SANEAMENTO INTEGRAL DE GONDOMAR

O BNG explicou en Donas o voto do goberno local en contra das medidas para mellorar este servizo nas parroquias

ManuelaRPumar e DavidRivas - BNG
ManuelaRPumar e DavidRivas - BNG

O Bloque Nacionalista Galego continúa coas mesas de debate da súa campaña polo saneamento integral do concello de Gondomar. O pasado sábado 16 de abril estiveron no Centro Cultural de Donas onde puxeron en común coa veciñanza a situación do saneamento na súa parroquia e recolleron e trasladaron propostas de mellora neste servizo de competencia municipal.

Ademais, a portavoz municipal, Manuela Rodríguez, explicou os modos e os argumentos do voto do goberno local en contra das medidas contidas na moción presentada polo BNG e que foi debatida no pleno do pasado xoves 7 de abril.

O BNG explicou en Donas o voto do goberno local en contra das medidas para mellorar este servizo nas parroquias

Gondomar, abril de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego continúa coas mesas de debate da súa campaña polo saneamento integral do concello de Gondomar. O sábado 16 de abril estiveron no Centro Cultural de Donas onde puxeron en común coa veciñanza a situación do saneamento na súa parroquia e recolleron e trasladaron propostas de mellora neste servizo de competencia municipal.

Ademais, a portavoz municipal, Manuela Rodríguez, explicou os modos e os argumentos do voto do goberno local en contra das medidas contidas na moción presentada polo BNG e que foi debatida no pleno do pasado xoves 7 de abril.

Un Alcalde que etiqueta á veciñanza

A respecto da proposta de poñer en marcha un servizo de baleirado de pozos negros e fosas sépticas como os que se están a prestar en concellos gobernados polo BNG, como Mondariz, Tomiño ou Ponteareas, o Sr. Ferreira despachouse dicindo non estar disposto a prestar ese servizo a quen teña chalé, coches e iates”, nin aos que “non están ao corrente dos pagos ou que fixeron as casas daquela maneira”, etiquetando aos veciños como “pijos” ou defraudadores.

Desde logo nas reunións parroquiais o BNG non pregunta ás persoas asistentes polas súas pertenzas nin polas súas licenzas, porque as primeiras son privadas e as segundas, se non existen, será por mala xestión da Concellería de Urbanismo”, indica Rodríguez. Mais as nacionalistas o que si teñen claro é que o saneamento é un servizo público ao que toda a veciñanza ten dereito, que o 44% das vivendas de Gondomar non o ten, e que a súa ausencia supón un problema de contaminación que compromete a saúde pública.

Un goberno que minte e falta ao respecto

Durante o debate plenario o BNG reprochoulle ao Alcalde que nos seus sete anos de goberno investira apenas 208 mil euros en tramos de novo saneamento dos máis de catro millóns de euros recibidos entre 2015 e 2021 do Plan Concellos da Deputación. Un plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal que ten como obxectivo garantir a implantación e a prestación integral e adecuada dos servizos básicos de competencia municipal en todos os núcleos de poboación.

 

Pero son os Concellos os que definen as prioridades e os que determinan libremente as obras. Por esa razón, a voceira do BNG tamén criticou que o Alcalde priorizara obras de menor calado, como un innecesario parque lúdico-canino, ou que destinara preto de 700 mil euros deses fondos a obras de humanización, dos que 160 mil foron ao proxecto da Praza da Paradela. Este último punto foi enerxicamente negado polo Alcalde e pola Concelleira de Urbanismo e Deputada provincial, Iria Lamas, “algo sorprendente cando esta última forma parte da Comisión de Goberno de Deputación de Pontevedra, organismo provincial que aprobou ese investimento na súa reunión do 25 de maio de 2018”, indica Rodríguez. “Ao final, logo das acusacións e faltas de respecto que adicaron ao BNG durante todo o debate, fica claro quen mente”.

O BNG explicou en Donas o voto do goberno local en contra das medidas para mellorar este servizo nas parroquias