O PSOE de Ferreira xunto coa tránsfuga Cambra votan en contra dunha nova iniciativa do BNG a prol do saneamento

PSOE+Cambra contra saneamento
PSOE+Cambra contra saneamento

A ‘nova maioría’, froito das manobras antidemocráticas do alcalde, votou en contra de investir en saneamento e de poñer en marcha o servizo de baleirado

Manuela Rodríguez, portavoz do BNG: “É indignante escoitar ao Alcalde falar con desprezo da veciñanza organizada dicindo que son ‘catro veciños’, e utilizar un tono case ameazante para acusar a quen se mobiliza de ‘oportunismo político que só pretende desgastar ao seu goberno’, cando o que fan é demandar un servizo de competencia municipal que ‘o seu goberno’ non atendeu nos dez anos que leva na alcaldía.”

O PSOE de Ferreira xunto coa tránsfuga Cambra votan en contra dunha nova iniciativa do BNG a prol do saneamento

O PSOE de Paco Ferreira xunto coa tránsfuga Rocío Cambra votaron en contra da iniciativa do BNG a prol do saneamento. A ‘nova maioría’, froito das manobras antidemocráticas do alcalde, votou en contra de investir en novo saneamento e de poñer en marcha o servizo de baleirado

Nunha nova sesión de “autobombo e menosprezo á oposición e á veciñanza presente”, o alcalde canda o seu grupo e máis a concelleira tránsfuga votaron en contra da moción defendida pola portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez.

A iniciativa do Bloque instaba ao goberno municipal a investir en novo saneamento o total de 700.000 € do plan de obras e servizos da Deputación. Solicitaba ademais ao goberno municipal do PSOE a redacción, despois de 12 anos!, dun orzamento municipal no que se contemplase un programa anual de investimentos en saneamento, e a redacción dunha ordenanza de baleirado de fosas sépticas e pozos negros.

Mais a moción nacionalista bateu coa habitual ‘teatralidade e verborrea’ do Sr Ferreira e a súa teima de derivar as reivindicacións veciñais cara ao terreo dos supostos éxitos da súa acción de goberno. O alcalde avisou de que non vai investir en sumidoiros os 700.000€ da deputación ‘porque non darían para nada’, nin vai a atender as reclamacións da Plataforma Veciñal porque llo piden dunha maneira pouco ortodoxa.

“É indignante escoitar ao Alcalde falar con desprezo da veciñanza organizada dicindo que son ‘catro veciños’, e utilizar un ton case ameazante para acusar a quen se mobiliza de ‘oportunismo político que só pretende desgastar ao seu goberno’, cando o que fan é demandar un servizo de competencia municipal que ‘o seu goberno’ non atendeu nos dez anos que leva na alcaldía”, lamenta a voceira do BNG.

Na súa intervención de case media hora o alcalde recoñeceu que el e o seu grupo saben de sobra que hai necesidades de saneamento en todo o municipio, pero “deixou claro que ese servizo non é a súa prioridade”, sinala Rodríguez. E, malia afirmar que vai redactar unha ordenanza de baleirado, avisou, nun ton pouco amigable, que ‘xa mirarei como se vai aprobar, non vai ser barra libre para todo o mundo’.

En opinión do BNG, neste pleno, “máis de Ferreira: mentiras ou medias verdades para escorrer as súas responsabilidades e valorizar o seu desgoberno. Nada novo na alcaldía”.

O PSOE de Ferreira xunto coa tránsfuga Cambra votan en contra dunha nova iniciativa do BNG a prol do saneamento