04/nov./2025
A organización nacionalista realizará as reunións dentro do prazo de exposición pública co fin de recoller achegas e facilitará un modelo de alegación para que veciñas e veciños as poidan presentar directamente no Concello a título individual ou colectivo
Manuela Rodríguez, portavoz municipal: “A ordenanza debe ser modificada nos importes e nos aspectos relativos a descontos e bonificacións. A proposta definitiva debe ser acorde a realidade económica de Gondomar e debe establecer a garantía e o equilibrio do servizo no territorio”