goberno
Plenos do Concello
Cartelaría sancionada

O goberno do PSOE de Paco Ferreira vota en contra da libre expresión no concello de Gondomar

O alcalde négase a habilitar paneis que veciñanza e entidades poidan utilizar libremente para publicar comunicacións e eventos como pedía o Bloque

 

Manuela R. Pumar, voceira municipal do BNG: “Sen espazos para a libre expresión e con expedientes sancionadores por colgar carteis reivindicativos, ese é o Gondomar ‘caladiño’ que quere Paco Ferreira”

Ler novas
medio ambiente
WhatsApp Image 2025-09-04 at 12.52.56

O goberno de Ferreira tumba a proposta do BNG para poñer en marcha o servizo de baleirado de fosas sépticas e pozos negros

O grupo municipal do PSOE xunto coa transfuga Cambra volven votar en contra da implantación dunha medida que beneficiaría á veciñanza sen saneamento

Manuela Rodríguez, portavoz municipal do BNG: “Temos un alcalde que leva dez anos sen investir en saneamento novo e por riba négalle á veciñanza un servizo que, ademais de lle facilitar a xestión, lle suporía un importante aforro económico”.

Ler novas
mancomunidade
FotoEmprazamentoGESValMiñor

O BNG denuncia, máis unha vez, o abandono do GES por parte do goberno da Mancomunidade do Val Miñor

Denuncian que non se executou ningunha das medidas acordadas para mellorar o servizo e lembran que do correcto funcionamento do Grupo de Emerxencias Supremunicipal dependen vidas e bens dunha poboación habitual de 45.000 persoas que se ve triplicada no verán, cando tamén é maior o risco de sinistros

 

Manuela Rodríguez, concelleira e deputada provincial: “É imperativo acabar coa precariedade do servizo de emerxencias, tanto no laboral como nas instalacións. Mantelo nese estado é unha irresponsabilidade temeraria, xogámonos vidas.”

Ler novas
medio ambiente
ManuelaRguezBNG_Pleno

O BNG denuncia ao goberno de Gondomar diante da Valedora do Pobo por non lle dar acceso á información sobre o saneamento

Manuela Rodríguez, voceira do BNG: “A obstrución no acceso á información e documentación conculca a obriga do goberno a fornecela e impide o normal exercicio da función dunha concelleira. Eses datos son indispensables para exercer o labor de fiscalización do traballo do goberno municipal e para a presentación de propostas e alternativas”

 

Parabéns á Plataforma veciñal, a veciñanza auto-organizada

A organización nacionalista celebra o voto unánime da corporación municipal á moción presentada pola veciñanza auto-organizada na Plataforma veciñal e agarda que ese acordo comece a se traducir en compromisos reais por parte do goberno de Ferreira

 

 

Ler novas