O BNG insta a rematar unha obra promovida por Naturgy que obstaculiza a entrada a vivendas e a un centro de día

AtrancoObraNaturgyGondomar
AtrancoObraNaturgyGondomar

Familiares de usuarios do centro e veciños da zona soportan desde hai varios meses os atrancos da obra e duns valados que dificultan o paso de persoas e vehículos nunha rúa que tamén dá acceso a un aparcadoiro do Concello

O BNG insta a rematar unha obra promovida por Naturgy que obstaculiza a entrada a vivendas e a un centro de día

Gondomar, 26 de outubro de 2025.- O BNG dirixiu unha solicitude ao Concello de Gondomar para que inste a UFD Naturgy a rematar xa unha obra que está a realizar na rúa Párroco José Mariño de Gondomar. Os traballos comezaron hai varios meses e obstaculizan considerablemente a entrada a vivendas e un centro de día.

Familiares de usuarios do centro de día e veciños da zona levan meses soportando os atrancos das obras e dos seus valados de protección que dificultan o paso de persoas e de vehículos nunha rúa que tamén da acceso a un aparcadoiro municipal.

Un dos maiores problemas é que a obra está xusto na entrada dun centro ao que asisten persoas maiores, moitas delas con problemas de mobilidade, o que lles complica enormemente as maniobras do transporte e da entrada e saída.

O BNG recolle o malestar de persoas que xa dirixiron as súas queixas ao Concello, sen éxito de momento. É por iso que solicita que o goberno local, que é quen concede a licenza, inste á empresa promotora a non dilatar máis esta situación para rematar co agravio que produce unha obra que xa debería estar rematada hai tempo.

O BNG insta a rematar unha obra promovida por Naturgy que obstaculiza a entrada a vivendas e a un centro de día