PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN AS DEMANDAS EXISTENTES

O BNG de Gondomar inicia unha rolda de xuntanzas veciñais polas parroquias do concello

FotoEncontrosVeciñais
FotoEncontrosVeciñais

Serán trece citas en total: Borreiros, Chaín, Couso, Donas e  San Cibrán, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Prado e Vilas, Peitieiros, Vilaza e Vincios.

O BNG de Gondomar inicia unha rolda de xuntanzas veciñais polas parroquias do concello

Gondomar, 26 de novembro de 2022.- O BNG de Gondomar inicia unha rolda   de encontros polas parroquias do concello para coñecer de primeira man as deficiencias, problemas e necesidades das veciñas e veciños e nas que participará a portavoz municipal, Manuela Rodríguez. Un total de trece citas a comezar por Morgadáns e Chaín. Completaranse nas seguintes semanas coas visitas a Borreiros, Couso, Donas e  San Cibrán, Gondomar, Mañufe, Prado e Vilas, Peitieiros, Vilaza e Vincios.

Esta iniciativa recollerá información relatada polos propios veciños sobre a carencia de servizos públicos como a recollida de lixo, o saneamento, a auga ou o transporte interparroquial. Así mesmo,  poderán aportar datos sobre outras problemáticas menos coñecidas pero de igual importancia. Estes testemuños contribuirán a afortalar o traballo do BNG a prol da veciñanza, tanto para trasladalos posteriormente en forma de iniciativas nos Plenos da Corporación, como para a elaboración do programa electoral das municipais de maio de 2023.

A aspiración do BNG é que a veciñanza participe da política do concello, compartindo as problemáticas que atopan no día a día e lle dificultan o vivir. Desde  o Bloque aportan propostas e reclaman solucións sobre estes asuntos, mais consideran que tamén as veciñas  e veciños poden achegar remedios pretos á realidade. “Queremos que esas conversas con compañeiras, amigos e familia, no traballo, no bar, na sobremesa, as compartan con nós. Que se animen a participar e ser  parte do cambio que Gondomar necesita para se converter nun concello para vivir”, explica David Rivas, Responsable de Organización do BNG en Gondomar.

A maiores, o BNG pon a disposición da veciñanza unha breve enquisa para todos aqueles que desexen aportar información e dar a súa opinión de xeito anónimo. Pódese acceder a ela a través do código QR da  imaxe.
O BNG de Gondomar inicia unha rolda de xuntanzas veciñais polas parroquias do concello