SITUÁNDOSE COMO SEGUNDA FORZA NO CONCELLO

O BNG acada un resultado extraordinario tamén en Gondomar

2600
2600 Grazas!
Manuela Rodríguez: “Trasladamos a nosa gratitude ás 2.600 persoas que nos deron o seu apoio, que nos dá máis forza para seguir a defender os intereses da maioría social”
O BNG acada un resultado extraordinario tamén en Gondomar

Gondomar, 19 de febreiro de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego, con 2.600 votos e un incremento do 11,5% con respecto ao 2020, sitúase como segunda forza no noso concello nestas eleccións galegas. En nome do BNG de Gondomar, a súa portavoz municipal, Manuela Rodríguez, traslada "a nosa gratitude a todas e cada unha das persoas que colleron a papeleta do Bloqueunha de cada tres das que foron votar o domingo, que fixeron posíbel un resultado extraordinario tanto en Gondomar como no conxunto de Galiza".

 

Malia non ter acadado o cambio do goberno da Xunta, desde o BNG subliñan que “a campaña e o resultado electoral demostran que este País xa cambiou, que non hai marcha atrás porque hai unha cidadanía ilusionada, rebelde que non se conforma coa Galiza en pequeno que nos deixa o Partido Popular.” E diante dese apoio tan importante, trasladan a todas esas persoas que “non lles imos fallar. O BNG vai ser a forza que defenda cada día esa Galiza mellor que unha maioría desexa para o noso país, e imos facelo do xeito que mostramos nesta campaña: con amplitude de miras e mans tendidas a toda a nosa sociedade”.

 

Tal e como fixo a propia Ana Pontón na noite electoral, desde o BNG de Gondomar trasladan a todas as persoas que colleron a papeleta do BNG “que o seu apoio valerá para facer un mellor e máis intenso labor de oposición, para seguir a defender os intereses da maioría social, para seguir construíndo unha Galiza máis xusta, máis igualitaria, máis feminista, con máis benestar social para todos e todas”. afirman que no día de onde “non acabou nada, ao contrario, estamos máis fortes, con máis enerxía e máis preparadas que nunca para darlle a este País, tamén desde Gondomar, o futuro que merece”

O BNG acada un resultado extraordinario tamén en Gondomar