eleccións nacionais
O BNG de Gondomar insta ao goberno local a contactar con representantes dos locais que, sen previo aviso, ofertou para as votacións das eleccións galegas do 12 de xullo
26/maio/2020
Manuela Rodríguez: “O concello debe garantir que os espazos para a realización das votacións cumpran cos requisitos imprescindíbeis nesta cita electoral condicionada pola preventiva distancia física”.
Denuncian a improvisación do Sr. Feijóo por convocar eleccións no medio da desescalada sen ter preparado un mínimo protocolo que trasladar aos concellos.