O BNG reclama concellos solidarios coas persoas refuxiadas e migrantes

O BNG reclama concellos solidarios coas persoas refuxiadas e migrantes

serveimage

O BNG demanda do pleno do concello Gondomar accións de apoio ás persoas refuxiadas e migrantes en Europa e fai un chamamento á participación nas concentracións, convocadas por diversas organizacións sindicais, políticas e sociais, que se van realizar nas cidades este domingo día 13. En Vigo será ás 12h diante do MARCO.

O BNG, ante a crise humanitaria que se está a vivir, exixe, tamén desde os concellos, que a Unión Europea mude de forma radical e urxente as políticas de blindaxe por outras de axuda e acollida digna ás persoas refuxiadas e migrantes, e denuncia abertamente as políticas imperialistas e de intervención militar que están detrás desta situación.

E por iso que, a través da súa Responsábel de Acción Municipal en Gondomar, Manuela Rguez. Pumar, ven de presentar unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro xoves na que solicita deste os seguintes acordos:

1.- Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado que asuma as súas responsabilidades con urxencia na crise humanitaria que están vivindo as persoas refuxiadas e migrantes en Europa e na contorna do Mediterráneo e que promova, no marco das institucións europeas, un xiro nas políticas de asilo e de cooperación cos países empobrecidos, e tamén demandar que rompa co coñecido como Protocolo de Dublín.

3.- Así mesmo, instar á Xunta de Galiza a que asuma as súas responsabilidades e participe facilitando os recursos e servizos necesarios para a acollida temporal de persoas refuxiadas en Galiza.

4.- Iniciar contactos coa FEGAMP e organizacións non gobernamentais que están traballando sobre esta problemática en Galiza para impulsar a creación dunha rede galega de concellos de acollida, que permita recoller a iniciativa cidadá e darlle apoio e organización e ofrecer soporte técnico.

5.- Impulsar no seo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o estabelecemento de liñas de traballo e de axudas en colaboración cos concellos para facilitar o acollemento de persoas refuxiadas.

6.- Xestionar a mobilización e disposición de créditos orzamentarios para axudar as persoas refuxiadas ou migrantes asentadas no noso concello.

7.- Trasladar este acordo ao presidente do goberno do Estado e da Xunta de Galiza.

O BNG reclama concellos solidarios coas persoas refuxiadas e migrantes