A PORTAVOZ MUNICIPAL DO BLOQUE SOLICITA QUE A MOCIÓN SEXA DEFENDIDA DIRECTAMENTE NO PLENO POR UNHA PERSOA REPRESENTANTE DA ORGACCMM E AVOGA POR QUE SEXA APROBADA POR UNANIMIDADE

O BNG rexistra no Concello a moción presentada pola Organización Galega de Comunidades de Montes a prol da ILP por unha Lei de Montes Veciñais

Ana Pontón cos representantes dos montes en man común
Ana Pontón cos representantes dos montes en man común

Dado que o Concello de Gondomar carece dun Regulamento de Participación que permita as entidades sociais e veciñais presentar directamente as súas iniciativas á consideración do Pleno Municipal, o BNG presenta a moción para asegurar o seu debate, mais, na súa liña de procurar a máxima participación veciñal solicita que a mesma sexa exposta por unha persoa representante da ORGACCMM.

O BNG rexistra no Concello a moción presentada pola Organización Galega de Comunidades de Montes a prol da ILP por unha Lei de Montes Veciñais

Gondomar, abril de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar no Concello a moción remitida pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM) a prol da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) por unha nova Lei de Montes Veciñais en Man Común.

 

Dado que o Concello de Gondomar carece dun Regulamento de Participación que permita as entidades sociais e veciñais presentar directamente as súas iniciativas á consideración do Pleno Municipal, estas deben ser canalizadas a través dos grupos políticos con representación no Concello. Por esta razón, o BNG presenta a moción para asegurar o seu debate, mais, na súa liña de procurar a máxima participación veciñal solicita que a mesma sexa exposta por unha persoa representante da ORGACCMM.

 

Así mesmo, avogará por que se lle dea o apoio unánime á moción e, polo tanto, á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola ORGACCMM para a elaboración dunha Lei de Montes Veciñais en Man Común. Na procura deses obxectivos, a Portavoz do BNG, Manuela Rodríguez, solicitou a convocatoria da Xunta de Voceirxs para que facer unha posta en común ao respecto da moción previa á celebración do Pleno.

 

O BNG, a través da súa propia Portavoz Nacional, Ana Pontón, e do grupo parlamentar, xa ten trasladado á Organización Galega de Comunidades de Montes a súa coincidencia nos obxectivos da ILP que promoven: reforzar o modelo de titularidade veciñal e o funcionamento democrático e asemblear das Comunidades de Montes; recoñecer os montes veciñais como unha figura de protección medioambiental e cultural en si mesma; considerar como aproveitamentos e usos actuais do monte todos os que nel se dan; e acadar un monte veciñal multifuncional e sustentábel ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade no seu conxunto.

O BNG rexistra no Concello a moción presentada pola Organización Galega de Comunidades de Montes a prol da ILP por unha Lei de Montes Veciñais